RUARTE Fest é unha xornada adicada ao arte na rúa. A primeira edición tivo lugar o domingo 19 de maio, organizada pola concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña.
Logo dos éxitos conseguidos na iniciativa RUARTE, do emprego de arte para a recuperación de espazos degradados e con excelentes murais pintados por artistas de renome nos barrios da nosa cidade; chegou a festa do arte no espazo público. Esta I Edición realizouse na contorna da zona peonil da rúa Orzán na Coruña, para reunir neste día festivo as propostas artísticas máis actuais da cidade herculina.
Nun só día as artistas interviñeron nos comercios do barrio, entre persianas, portas e paredes, a través de creacións pictóricas, substituíndo as pintadas por unha imaxe renovada, nunha xornada chea de creatividade que imprimiu un carácter único a certas rúas dun barrio tan vivo e particular como é o Orzán.
Ruarte Fest é un evento aberto a artistas con diferentes traxectorias, e tamén a todos os comerciantes, institucións e comunidades de veciños e veciñas do barrio intervido que queiran participar nesta iniciativa.
Podedes atopar as bases da I edición de Ruarte Fest aquí.
Os comercios ou comunidades que se apuntaron non tiveron que gastar nada pola decoración da súa persiana, cristais, portas ou muro. A cambio, cederon o espazo á artista que lle asigne a organización.
Buscáronse propostas innovadoras e variadas que reflictan a versatilidade do arte nas rúas. A convocatoria dirixiuse non só as artistas de arte urbana, senón a todo tipo de persoas creadoras cunha proposta apta e interesante para as rúas do barrio intervido.
Cada artista seleccionada recibiu un vale para produtos de pintura ( valorado nun máximo de 200€), que lle foi entregado previamente, e puido trocalo no establecemento Pinturas Proa, partner artístico deste evento. Optaron a un dos tres premios, outorgados por un xurado, formado por unha persoa da concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña, un profesional do ámbito artístico, xunto con veciñas, veciños e comerciantes da zona.
/// DESCARGA PROGRAMA RUARTE FEST – Domingo 19 de Maio de 2019 ///
Ubicación: Estacion de Autobuses, rúa Caballeros
Artista: deseño, Xulia Pisón. Execución Leo
Ubicación: Praza de Pontevedra, Eusebio da Guarda
Artista: Kse- Christian
Ubicación: Parque de San Diego (ao lado paxareira)
Artista: Lidia Cao
Ubicación: Rúa Antonio Santiago, Monte Alto
Artista: Kasomiso (Wedo + Slim) iniciativa do Colectivo Sen Animo de Nome dentro dos proxectos de Cultura de Barrio.
Ubicación: Viaduto rúa Costa Rica
Artista: Paula Fraile
Ubicación: Viaduto entrada parque de San Diego
Artista: Iria Fafián (Coruña gráfica)
Ubicación: aseos públicos da Cubela
Artista: Vicente Salvador Aneiros e estudio MalaSombra
Ubicación: Escaleiras hacia A Falperra dende a Ronda de Nelle
Artista: Eva Seoan
Ubicación: Instalación xardineria Parque de Eiris
Artista: Vicente Salvador Aneiros e estudio MalaSombra